Máis vistos

Máis vistos

Comentado por : CeMIT Cuntis xoves, 13 de outubro de 2016

As devasas (firewalls) pretenden securizar as redes corporativas frente a entradas non autorizadas. A devasa colócase entre a rede local e Internet. 

A regra básica dunha devasa  é asegurar que tódalas comunicacións entre a red e Internet se realicen conforme ás políticas de seguridade da organización ou corporación. Estes sistemas levan características de privacidade e autentificación.

Poden ser implementados tanto no hardware como no software, ou utilizando unha combinación de ambos.

Os firewall ou devesas son programas encargados de controlar e monitorizar as comunicacións que realiza un determinado dispositivo controlando a entrada e saída de datos, os tipos de comunicacións. Os firewall permiten definir regras acerca de que comunicacións se permiten, bloqueando determinados sitios web, enderezos IP, ou protocolos de comunicación. Cun firewall podería bloquearse o acceso P2P dun equipo ou calquera outro que non fora o HTTP para navegación web, co cal contrólase moito máis o tipo de accesos entre o ordenador e o exterior.

Moitos sistemas operativos como Windows e Linux traen integrados os seus propios firewall e o seu uso é perfectamente compatible co de calquera outro antivirus ou paquete de seguridade. Respecto das alternativas gratuítas, a continuación temos algúns exemplos:

Firewall de Windows. No caso de Windows, pódese comprobar se o firewall está activado dende o “Panel de control”, na ventá de “Sistema e seguridade”. Permite definir regras sinxelas para especificar que conexións se deben aceptar e cales non, permitindo excepcións concretas. Ao vir integrado no sistema non resulta moi intrusivo ou molesto para o usuario, por contra, ofrece menos funcionalidades que outras das solucións que se verán a continuación.

Glasswire. Outro firewall que ofrece gráficas de resumo das ameazas e comunicacións realizadas no equipo durante o derradeiro mes para comprobar cara onde van os consumos de ancho de banda. Detecta diferentes tipos de ataques sobre o equipo que amosa a partir de alertas. 

Gufw. Os sistemas linux veñen tamén por norma xeral con algún firewall instalado, habitualmente iptables. Gufw ofrece unha interface gráfica para configurar iptables e definir as regras e filtros para as comunicacións de rede do dispositivo. Na maioría de distribucións de Linux vai estar dispoñible dende os repositorios, centros de software ou xestores de paquetes para a súa descarga.

TinyWall. Un firewall moi sinxelo de empregar e apenas molesto. Permite crear regras e ven cunha serie de listas predefinidas de procesos seguros así como dunha base de datos de posible malware. É unha opción sinxela para ampliar a capacidade do Firewall que vén por defecto no Windows. 



ZoneAlarm Firewall gratuíto. É un firewall básico que pode ampliar as funcionalidades pasando á versión de pago. Atópase moi integrado cos sistemas antivirus destacando pola súa capacidade de detección de ataques ou accesos externos (entrantes e saíntes). 


devasa

devasa - Cisco

devasa - Avast

plataformas - Paloalto

comproba se a devasa está activada no teu equipo

¿qué son e para qué serven?

¿cómo funcionan?

configuración en linux


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

- Copyright © Ciberseguridade - Devil Survivor 2 - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -