Máis vistos

Máis vistos

Artigos novos

Archive for febreiro 2017


As contas de usuario para acceder a servizos e aplicacións web sempre levan asociado un contrasinal formado por un conxunto de caracteres que só debe coñecer o usuario ou usuaria para verificar que é a persoa que trata de acceder con esa conta. No mundo da seguridade os contrasinais son un elemento clave á hora de protexer a información e por tanto son tamén un dos obxectivos principais para calquera clase de malware. Coñecer un contrasinal permite acceder un servizo ou aplicación web, a datos de acceso restrinxido ou facerse para por outra persoa en redes sociais, bancos ou tendas online. Por tanto, garantir a máxima seguridade nos contrasinais vai ser moi importante.

¿Cando un contrasinal é realmente seguro? O sitio web Splashdata recolle os contrasinais máis utilizados en todo o mundo 

A maioría de contrasinais están formadas por combinacións de letras e números sinxelas, o que fai que estatisticamente sexan máis doadas de adiviñar. Nos ataques por forza bruta vanse probando todas as combinacións posibles de caracteres ata dar coa combinación correcta. Este tipo de ataques que empregan os ciberdelincuentes proban diferentes combinacións por tanto os contrasinais que só leven letras ou números serán máis doados de atopar, pois requiren de menos combinacións que aqueles outros que leven letras maiúsculas e minúsculas, números e símbolos de puntuación. O mesmo pasa coa lonxitude, cantos máis caracteres teña o contrasinal máis difícil será dar coa combinación neste tipo de ataques.

Xestores de contrasinais

Tendo en conta que cada vez temos máis persoas usuarias e contrasinais diferentes, practicamente para cada aplicación ou servizo web que utilicemos, cada vez fai máis difícil lembralas todas e é doado que nos esquezamos dalgunha cos problemas que iso implica. Os datos de acceso, en especial os contrasinais, son un dos principais obxectivos do malware, tanto para roubo de datos e identidades como para suplantar ao usuario e facilitar a súa replicación e propagación entre os seus contactos.

Unha ferramenta de seguridade útil e que ademais permite ter gardadas as contrasinais nun rexistro único e seguro son os xestores de contrasinais. Os xestores de contrasinais cifran nun único arquivo todos os datos de acceso que queiramos, protexéndoos cun contrasinal mestre. Este contrasinal ten que ser moi robusto pois é o que protexerá a todos os demais e nos permitirá a través do programa de xestión de contrasinais obter o contrasinal que precisemos en cada momento. 

Temos que ter en conta que se esquecemos ese contrasinal mestre teremos un problema porque todo o sistema basease na utilización dese contrasinal chave.

Os xestores de contrasinais cifran de maneira moi segura a información. Poden empregar algoritmos moi complexos xa que en realidade gardan pouca información, só usuario e contrasinal. E isto fai que acceder a eses contrasinais resulte moi difícil para o malware, sobre todo se o comparamos con acceder a un arquivo de texto sen protección que teñamos no noso equipo. Os contrasinais podémolos ter sempre accesibles dende múltiples dispositivos, a forma máis doada e empregando un xestor de contrasinais online, pero tamén podemos levar con nós ou gardar na nube o arquivo de configuración cos contrasinais. Isto podemos facelo xa que sempre estará a información cifrada e segura grazas ao contrasinal mestre, ou cando menos tan segura como o estaría no noso equipo.

Algunhas alternativas gratuítas de utilidades deste tipo son:

KeePass Password Safe. Xestor de contrasinais de software libre, con app para dispositivos móbiles que permite xestionar un arquivo con contrasinais. Ese arquivo pode sincronizarse entre múltiples dispositivos grazas a servizos de almacenamento na nube coma Dropbox.
LastPass. Trátase dun xestor de contrasinais online enfocado a almacenar contrasinais de distintas páxinas web. Para facilitar o seu uso pode empregarse como plugin ou extensión dun navegador. Empregando a identificación co contrasinal mestre en LastPass pódese acceder ás demais contrasinais de cada sitio web que se copiarán aos formularios de acceso permanecendo ocultas. 
frases de acceso - SANS

1.400 millóns de contrasinais      base de datos                                    contrasinais por defecto

capturar Hashes NTML utilizando PDF

contrasinais de 55 caracteres      contrasinais 128 bits

contrasinais máis inseguros             comprobar contrasinais en Directorio Activo

cómo ter unha contrasinal segura                                     consellos

o algoritmo que descubrirá a túa contrasinal                       contrasinais a evitar

¿pensas que tes unha contrasinal forte?

Por qué NUNCA deberías rexistrarte en webs coas túas contas de Facebook ou Google

regras

recomendacións mínimas de seguridade              Thermanator roubando contrasinais teclados

crakear contrasinais de forma distribuída           descifrar contrasinais de Firefox

password cracker


Ferramentas

comprobar seguridade contrasinais             Kaspersky

5 formas de crear contrasinais

comprobar se a conta foi comprometida             comprobar contrasinal

extraer contrasinais DVR                 HashKiller         Rainbow Tables                


Verificación en 2 pasos

¿qué é?                                             Amazon             Ebay                PayPal

DropBox

Google       cómo activar en Google e Gmail                 Activar       

cómo usar unha chave de seguridade usb con Google Chrome

Facebook                    activar en Instagram                 Twitter

contrasinais de aplicacións e verificación en 2 pasos Microsoft             Office 365

Autenticación de doble factor para o ID de Apple

WhatsApp - qué é e por qué é tan importante

así pretende Facebook superar a verificación en 2 pasos


 Visualizar contrasinais nos navegadores

Firefox:    about:preferences                 (Privacidade e seguridade / Contrasinais gardadas)

Chrome:   chrome://settings/passwords

Edge:   tecla "windows", escribir control  (Contas de usuario/ Administrar credenciais web)

Infografías

consellos 



contrasinais

O grooming é un delito introducido na nosa lexislación a través da LO 5/2010, de 22 de xuño, pola que se modifica o Código Penal, co novo artículo 183 bis do Código Penal que deberá denunciarse ante as Forzas e Corpos de Seguridade, ante o xuíz ou ante o Ministerio Fiscal.


delitos cos que debes ter coidado

O Artigo 510 do Código Penal especifica, entre outras cousas, as consecuencias legais de ameazar nas redes sociais.

o novo artigo         condeado

os xulgados comezan a invalidar as probas de videovixiancia para xustificar despidos


INCIBE CERT  Resposta a incidentes de ciberseguridade. Servizo gratuíto para ciudadanos ou empresas

dereito ao olvido       AEPD (dereito ao olvido)

dereito ao olvido - FAQ Google

eliminar fotos e vídeos de internet             dereito ao olvido en hemerotecas



certificar contido de Twitter                                            eGarante - certificar contido


eGarante - vídeos - exemplo práctico                             certificar sesión

denunciar web                         denunciar web

ligazóns ciberacoso                 xerar vídeo con acta de navegación

pantallazos con capacidade probatoria - eGarante

¿cómo actuar ante inxurias, trato vexatorio ou ciberacoso nas redes sociais?


así sabe a Policía se a túa denuncia é falsa




Pódense facer as denuncias dende as seguintes ligazóns:

AEPD

Garda civil

Policía                   Policía - Oficinas de denuncias

sedes da UPA

Ministerio Fiscal

Xulgados de Garda

Fiscalía Menores Coruña

Fiscalía Menores Lugo

Fiscalía Menores Ourense

Fiscalía Menores Pontevedra




Listado de Fiscalías Territoriais

Apps

ALERTCOPS

GDT


Denuncias

- Copyright © Ciberseguridade - Devil Survivor 2 - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -