Artigos novos
Archive for novembro 2018
As cookies (galletiñas en inglés), son ficheiros de texto sen formato que se descargan nos nosos propios navegadores tanto ordenadores como dispositivos móbiles (tabletas, smartphones, outros dispositivos) ao acceder a determinadas páxinas web.
Estes arquivos empréganos o sitio web que visitamos para ver se é a primeira vez que se accede ou xa se é usuario habitual, por exemplo. Por iso cando visitamos unha páxina web da que xa somos usuarios ou usuarias recoñécenos e aparecemos xa logueados, porque gardan os datos de rexistro e os datos de acceso.
Tamén permiten gardar as opcións ou preferencias de navegación como o idioma ou outros axusten que permitan navegar dun xeito máis eficiente. As cookies están moi ligadas ao tema da nosa privacidade, non son tanto un risco de seguridade como unha fonte de información para terceiros, aínda que tamén poidan ter beneficios para nós.

Moitas tendas online e outros servizos web con publicidade empregan as cookies para obter estatísticas dos seus clientes ou para ofrecerlles produtos orientados ás súas preferencias e gustos. As cookies gárdanse sempre no noso propio ordenador, pero así tamén as poderemos borrar, ver canto ocupan, limitar o espazo adicado a elas e ter un pouco de control sobre o que esta pasando (sempre que saibamos que son).
Temos dous tipos de cookies:
• Cookies de orixe. Resultan beneficiosas para o usuario, xa que aforran ter que inserir os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao acceder a un sitio web. Non teñen riscos para a privacidade posto que só se activan ao visitar un sitio web, polo que se poden aceptar.
• Cookies de terceiros. Engádeas unha páxina web ou banner para obter estatísticas e rexistrar que sitios web visitamos. Estas cookies non nos aportan nada como usuarios (agás publicidade enfocada ás nosas preferencias) e por tanto poderíamos bloquealas sen que nos afectara. Aínda que transmitan información a terceiros non son malware ou spyware como tal xa que son arquivos de texto e por tanto non conteñen código malicioso.
A lexislación española obriga aos sitios web a informar de se están a empregar cookies de aí que ao entrar en moitas web nos saía un pequeno aviso que debemos aceptar para continuar a navegación informándonos do seu uso.
Realmente o seu uso conleva certos problemas ou riscos:
Realmente o seu uso conleva certos problemas ou riscos:
• Cando as cookies non nos aportan nada como usuarios ocupan espazo en disco de forma innecesaria.
• Aínda que non conteñen información persoal, son datos sensibles (usuario e contrasinal, etc), que poden ser recollidos sen a nosa autorización.
• Se accedemos a dispositivos compartidos, por exemplo en sitios públicos, quedamos expostos a que outras persoas que accedan ao equipo entren en páxinas e servizos web cos noso datos de acceso almacenadas nas cookies ou espíe a información que almacenan.
Como configurar e acceder ás cookies
As cookies pódense bloquear ou eliminar mediante as opcións e preferencias de cada navegador, hai que ter en conta que as cookies do Firefox son distintas as do Chrome. A forma de acceder ás cookies é diferente en cada navegador:
• Para máis información sobre o navegador Chrome: Google Chrome
• Para máis información sobre o navegador Firefox: Mozilla Firefox Deshabilitar cookies de terceiros
• Para máis información sobre o navegador Explorer: Internet Explorer
• Para máis información sobre o navegador Safari: Safari
• Para máis información sobre o navegador Opera: Opera
Utilidades
Exemplos
ATRESPlayer eBay Oracle Páginas Amarillas randstad vertele wallapop
Hola Lecturas Quo Saber Vivir Semana Wallapop