- Home >
- criptografía , encriptar >
- Criptografía
Comentado por : CeMIT Cuntis
martes, 22 de novembro de 2016
A criptografía (do grego kryptos "esconder" e graphein "escribir"), é unha técnica que converte un documento orixinal (texto en claro) nun criptograma
cyphertext, cuxo contido corresponde ao anterior, pero só é accesible por parte de persoas autorizadas.
As técnicas criptográficas úsanse para ocultar a mensaxe dun emisor (cifrar ou encriptar) e mandala por unha canle para que só o receptor autorizado poida ler a mensaxe orixinal auténtica "escondida" (descifrar ou desencriptar ).
De orixe militar (ENIGMA na 2ª Guerra Mundial ), industrial e comercial (DES en 1976) e no mundo TIC (RSA en 1978).
É a arte de escribir con clave secreta ou dun modo enigmático e técnicas de alteración de mensaxes para evitar a obtención de información por parte de persoas non autorizadas.
Un bo sistema de cifrado pon toda a seguridade na clave e ningunha no algoritmo: coñecer o algoritmo sen coñecer a clave non debe supoñer ningunha vantaxe.
As técnicas criptográficas clasifícanse en simétricas e asimétricas.
A clave que se emprega para cifrar é a mesma que para descifrar
(a clave será específica para cada comunicación).
ventaxas:
o algoritmo é moi rápido; polo que o tamaño da clave é polo tanto a complexidade para descifralo pode ser moi longa (máis de 128 bits)
desventaxas:
hai que acordar a clave que se vai utilizar (problemas de autentificar a emisor e ao receptor cando este é descoñecido e/ou de intercepción por unha persoa intermedia (man in the middle) cando se manda por unha canle insegura:
se a clave é descuberta comprométese a autenticidade e o non repudio); o número de claves que hai que xestionar (cada posible emisor acordará unha clave distinta con cada unha das persoas destinatarias).
Tampouco pode garantir o non repudio xa que a clave é compartida, cando menos, entre o emisor e o receptor e calquera deles podería suplantar ao outro.
se a clave é descuberta comprométese a autenticidade e o non repudio); o número de claves que hai que xestionar (cada posible emisor acordará unha clave distinta con cada unha das persoas destinatarias).
Tampouco pode garantir o non repudio xa que a clave é compartida, cando menos, entre o emisor e o receptor e calquera deles podería suplantar ao outro.
DES (Data Encryption Standard) foi un coñecido sistema de criptografía simétrica que evolucionou a 3DES (Triple DES) RC5 (Rivest Cipher) AES (Advanced Encryption Standard)
Blowfish (sen patente) IDEA(International Data Encryption Algorithm)
Criptografía asimétrica ou de clave pública
Usa dúas claves para o envío de mensaxes.
As dúas claves pertencen a cada persoa . Unha clave é privada (o propietario debe gardala en segredo) a outra clave é pública (pode ser coñecida por calquera outra persoa). Aínda que as dúas son complementarias, é algorítmicamente imposible deducir unha da outra.
O interesante do sistema é que unha mensaxe cifrada con unha das claves, só pode ser descifrada coa outra.
Deste xeito pódese conseguir a autenticación do emisor e/ou a autenticación do receptorAUTENTICACIÓN E NON REPUDIO:
Se o emisor usa a súa clave privada para cifrar a mensaxe, calquera pode descifrala utilizando a súa clave pública, pero sabemos que só puido ser o emisor, como titular da súa clave privada, quen a puido mandar. Esta idea é a base da sinatura dixital dunha mensaxe (úsase tamén o nome sinatura electrónica).
CONFIDENCIALIDADE OU PRIVACIDADE:
Se o remitente usa a clave pública do destinatario para cifrar a mensaxe, só este, coa súa clave privada poderá descifrala
Clave
|
||
Cifrar
mensaxe
|
Pública
|
Receptor
|
Descifrar
mensaxe
|
Privada
|
Receptor
|
Asinar
mensaxe
|
Privada
|
Emisor
|
Verificar
mensaxe asinada
|
Pública
|
Emisor
|
ventaxas
non é necesario que o remitente e o destinatario se poñan de acordo na clave a empregar;
só se necesitan un par de claves por persoa
desventaxas
para resultar segura, as claves teñen que ser de moita lonxitude (máis de 1024 bits polo que o algoritmo de cifrado / descifrado é moi lento (gran capacidade de proceso de cálculo xa que se basea en operacións moi complexas como, por exemplo, a potenciación modular)
Criptografía híbrida
O intercambio de mensaxes nunha comunicación faise mediante cifrado
simétrico usando unha clave que se acordou previamente empregando cifrado
asimétrico.
Por exemplo, o estándar SSL(Secure Socket Layer) que se emprega nas páxinas https:// e nas VPNs funciona establecendo ao inicio da sesión unha clave que se transmite por criptografía asimétrica (asegurando a autenticidade e a confidencialidade) e empregando logo dita clave para
transmitir as mensaxes cifradas por criptografía simétrica (moito máis rápida).
transmitir as mensaxes cifradas por criptografía simétrica (moito máis rápida).
A clave só é válida para unha sesión (mentres non se produza a desconexión). Isto crea un túnel (un canal de comunicación encriptado seguro dentro dunha rede non controlada) como é o caso de Internet.
Outro exemplo sería o sobre dixital. A partir dun documento confidencial e dunha clave secreta xerada aleatoriamente, obtense un documento cifrado por criptografía simétrica. A mesma clave anterior, cífrase asimétricamente coa clave pública do(s) destinatario(s). Empaquétanse ambas cousas, dando lugar a un conxunto que é o sobre dixital que se envía ao(s) destinatario(s). Este(s) descifra(n), en primeiro lugar, a clave secreta coa súa clave privada e logo coa clave secreta revelada, desencripta(n) o documento cifrado, obtendo o orixinal.
introducción á criptografía o cifrado dixital criptografía de clave pública
¿criptografía despois do gato? google experimenta coa criptografía postcuántica
Arte de espiar e cómo vencer ao teu enemigo sustraer información de discos encriptados
CRYPTII - encriptar e desencriptar Scytale
Cifrado César
cifra e descifra mensaxe codificado co método César
cifrado César códigos
Encriptar
aplicacións para cifrar en Windows ¿para qué serve?
BitLocker - Windows cómo usar guía
Cryptkeeper ten un bug eCryptfs
establecer contrasinal a cartafol con 7-ZIP protexer arquivos en Windows
Tipos de cifrado - OSI cómo protexen os nosos datos
sistemas de cifrado Android cómo protexer WiFI SHA1 non é seguro
WiFi
WhatsApp WhatsApp Telegram móbiles móbiles cifrados
sistemas de cifrado Android cómo protexer WiFI SHA1 non é seguro
WiFi
WhatsApp WhatsApp Telegram móbiles móbiles cifrados
Ferramentas en liña
Cifrado de arquivos
No noso equipo podemos establecer diferentes niveis de seguridade, protexendo o dispositivo, as súas comunicacións, cartafoles ou particións ou mesmo arquivos individuais. Na mesma liña pode ser necesario que cando traslademos información nun pendrive USB ou a envíemos por correo electrónico, queiramos ou nos vexamos obrigados por lei a cifrar o contido de determinados arquivos para que vaian protexidos e se o USB ou o correo electrónico chega a malas mans, non poida acceder á información directamente, senón que precise dun contrasinal de acceso.
As utilidades de cifrado de arquivos permítennos cifrar a información para facer que non se poida ler sen unha contrasinal mestra. Algunhas utilidades sinxelas que nos permitirán realizar esta operación son as seguintes:
• BitLocker. Ferramenta incluída por defecto nas versións profesionais de Windows. Permite cifrar a unidade onde se atope instalado o sistema operativo, unidades extraíbles e pendrives USB. Para empregala a título local pode ser suficiente, aínda que para enviar arquivos ou compartilos con outras persoas, ou se queremos un nivel de seguridade máis alto pode ser máis recomendable recorrer a outras ferramentas.
• 7-ZIP. Realmente esta utilidade é un compresor de arquivos, pero ao gardalos no arquivo comprimido permite protexelos cun algoritmo de encriptación bastante seguro. Ao ser unha ferramenta multiplataforma e gratuíta resulta ideal para cifrar arquivos que imos enviar por correo electrónico ou compartir entre diferentes dispositivos ou con outras persoas.
• Veracrypt. Utilizado para encriptación de particións de disco que funciona ademais para a maioría de sistemas operativos. Consume máis recursos á hora de acceder á información. O seu funcionamento consiste en crear un contedor ou caixa forte e nel engadir arquivos ou carpetas. Ese contedor, que non deixa de ser un arquivo cifrado, pode gardarse nun pendrive USB ou enviarse por correo electrónico.