Máis vistos

Máis vistos

Comentado por : CeMIT Cuntis domingo, 20 de novembro de 2016



ciberdiccionario



diccionario

definicións - Kaspersky

diccionario de ameazas - sophos

Glosario de termos - INCIBE

Glosario - McAfee

Glosario - Panda


Protección de datos e prevención de delitos - AEPD

Glosario

Antivirus. Software adicado a detectar e eliminar malware.
Backdoors ou portas traseiras. A través do malware instalado no equipo, permiten o acceso remoto de maneira oculta aos usuarios, a través de portas ocultas.
Backup. Copia de seguridade de datos que permite a súa posterior recuperación, polo que normalmente se garda nun dispositivo externo e separado do equipo.
Banner. Bloque de publicidade dentro dunha páxina web.
Bitcoin. Tipo de moeda virtual almacenada como arquivos cifrados que se utiliza para transaccións comerciais en todo o mundo.
Bomba lóxica. Malware aparentemente inofensivo que se desencadea ou actúa nun determinado momento ou ante un evento.
Botnets ou redes zombis. Redes de ordenadores infectados por malware que se usan para diferentes fins coma enviar correos de forma masiva ou spam ou realizar ataques simultáneos sobre un mesmo obxectivo para facer que deixe de funcionar (ataques de denegación de servizo (DdoS)).
Bug. Erro nun sistema ou software informático.
Ciberdelincuencia. Calquera tipo de actividade ilegal realizada a través de internet o facendo uso de dispositivos informáticos.
Cracker. Persoa adicada a romper sistemas de seguridade tanto en sistemas como en dispositivos ou software.
Firewall. Software adicado a xestionar as comunicacións en rede dun equipo, bloqueando os accesos non autorizados.
Forza bruta. Ataque informático que proba con todas as combinacións posibles do obxectivo ata dar coa solución. No caso dos contrasinais por exemplo probaranse todas as combinación de caracteres, números e símbolos posible ata dar coa contrasinal.
Hacker. Persoa adicada a intervir, acceder ou modificar sistemas ou software informáticos con malas ou boas intencións. As boas intencións serían cando non se produce dano no equipo e se alerta dun determinado erro ou vulnerabilidade.
Keylogger. Software que almacena e rexistra todas as pulsacións de teclado nun ficheiro que pode ser enviado a través de Internet sen autorización do usuario/a.
Popup. Ventá emerxente que amosa unha mensaxe publicitaria de maneira intrusiva, sen que a abra o usuario/a.
Spyware. Software que recolle información privada do usuario/a para ser enviada a terceiros.
Vulnerabilidade. Erros ou buracos de seguridade detectados en programas ou sistemas operativos que permiten o seu acceso remoto ou uso malintencionado por parte de software malware.


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

- Copyright © Ciberseguridade - Devil Survivor 2 - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -