Comentado por : CeMIT Cuntis
domingo, 20 de novembro de 2016
Tipo de malware que recopila información dun ordenador e despois envíaa a unha entidade remota sen o coñecemento ou consentimento do propietario del ordenador.
O termo spyware tambén se usa para referirse a outros productos como adware, troianos ou falsos antivirus.
O termo spyware tambén se usa para referirse a outros productos como adware, troianos ou falsos antivirus.
Son programas destinados á recolección de información sobre a actividade dun usuario. Están diseñados para pasar inadvertidos, de forma que o usuario non perciba ningún tipo de actividade fóra do normal. Canto máis tempo pasen sen ser detectados, máis información serán capaces de recopilar, que logo é enviada a servidores ou direccións de correo que a recogen e usan para todo tipo de fins.
Tampouco produce perda de datos ou unha diminución importante do rendemento do dispositivo, xa que se trata de software espía que ten como obxectivo recoller información dos usuarios/as. Agás o ancho de banda consumido, que si se verá alterado ao producirse un envío continuo de información a través de Internet.
A recollida de información pode facerse consultando tanto a información do equipo como os programas instalados, arquivos de configuración, historial de navegación, e toda outra información que pode ser relevante tanto para proporcionar información sobre os hábitos e gustos dos usuarios para obter un beneficio comercial a partires desa información ou ben obter información para roubar a identidade do usuario e suplantalo cometendo calquera clase de delitos ou fraudes.
Algúns programas espía incorporan funcionalidades que rexistran as teclas pulsadas, o que se da en chamar keyloggers. Este rexistro permite obter contrasinais e outros datos sensibles, xa que os vai almacenando xunto coa páxina visitada permitindo así obter os datos de acceso. A perda deste tipo de contas en sitios críticos como banca ou tendas online pode derivar en perdas económicas ou mesmo chegar a cometer delitos suplantando ao usuario lexítimo.
Hai que ter en conta que nunha inmensa maioría dos casos este software require da intervención da persona usuaria para a súa instalación e propagación. É dicir, non aparecen de repente, senón que os instalamos de xeito involuntario, engánannos dalgunha forma para facilitar a súa instalación no noso dispositivo. Os xeitos máis habituais de propagación coa intervención da persoa usuaria son:
• A través do correo electrónico.
• A través de aplicacións de mensaxería como arquivos adxuntos.
• Instalando un programa descargado de Internet ou de fontes P2P.
Ademais existen outros xeitos de propagación sen a nosa participación como poden ser:
• Buracos de seguridade no hardware de comunicación como routers, ou dispositivos de almacenamento como chaves USB (pendrive) e en sistemas operativos que permiten a instalación de programas por parte de terceiros de maneira remota.
• Buracos de seguridade en programas como navegadores, xestores de correo e outros similares que por falta de actualizacións de seguridade permiten a instalación de programas de terceiros de maneira remota.
• Directamente a través da conexión a Internet se o hardware de comunicacións ou o noso dispositivo non conta con medidas de seguridade axeitadas. Os programas destinados a protexer as comunicacións que se fan a través dos dispositivos denomínanse devasa (Firewall).
Artigos
Babar
¿qué é? - Avast
¿qué é? - Panda
¿que son e como actúan?
¿queres saber como poden infectarte?
¿cómo me protexo?
spyware
spyware en Android
iPhone spyware
AntiSpyware
Malwarebytes
¿cómo eliminar?