Máis vistos

Máis vistos

Comentado por : CeMIT Cuntis domingo, 20 de novembro de 2016

Son programas diseñados para mostrar publicidade ao usuario. Soen ser instalados xunto con outros programas lexítimos. Estos programas poden recopilar información sobre a actividade do usuario con obxecto de mostrar publicidade dirixida e específica. En xeral este tipo de aplicaciónss son máis ben unha molestia, pero a súa instalación pode supor un peor funcionamiento do ordenador e tamén o acceso a sitios e páxinas web que poden conter á súa vez código malicioso.

Os programas de adware ou spyware pódense instalar sen darse conta de moitas formas:
Ao visitar certas páxinas Web e facer clic nunha ligazón a unha páxina que contén programas de adware ou spyware.

Ao instalar unha aplicación P2P ou de rede compartida, na que o adware ou spyware  pode formar parte do paquete de instalación.

Os programas de adware ou spyware poden tamén ocultarse no directorio de memoria caché do navegador.

Certos documentos adxuntos de correo electrónico poden incluir programas de adware o spyware.

Este tipo de malware é máis inofensivo, pero é molesto. Non provoca perda de datos, aínda que si pode empeorar o rendemento do equipo. Adícase a amosar publicidade de diferentes xeitos, engadindo banners ou anuncios de publicidade a páxinas que non os levan, abrindo infinidade de ventás de publicidade emerxentes ou popups, forzando páxinas de inicio non desexadas nos navegadores ou con barras de ferramentas engadidas como complementos. Este tipo de malware é legal xa que é o propio usuario/a o que autoriza a súa instalación.

A miúdo instalanse xunto a outros programas que son os que realmente desexa instalar a persoa pero veñen con ese programa de publicidade a maiores, indicado ou non a partir das ventás de instalación. Cando se instala un programa acostuma a ir amosando unha serie de opcións de instalación, licenzas e máis ventás aos que o usuario/a non presta a atención debida, premendo repetidamente “Seguinte” sen ler as opcións que aparecen activadas. No medio das opcións do programa orixinal acostuman a estar marcadas por defecto as autorizacións para instalar estes programas de publicidade ou adware.

Outros efectos negativos que teñen son facer que o equipo vaia máis lento, pois consumen recursos do navegador, sobre todo no caso de que a publicidade empregue vídeos ou tecnoloxías Flash así como consumo innecesario de ancho de banda. Os máis perigosos poden recoller información do usuario ou mesmo abrir portas traseiras a outros ataques.

¿qué é? - Kaspersky

qué é e como eliminar

o malware que secuestra o noso navegador

detectan un novo tipo de adware en Android


Contramedidas

11 aplicacións

Adware Removal Tool - Bitdefender

¿cómo limpar o ordenador?

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

- Copyright © Ciberseguridade - Devil Survivor 2 - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -