Comentado por : CeMIT Cuntis
luns, 21 de novembro de 2016
Correos electrónicos con calquer tipo de engano que pretenden estafarnos.
Trátase de diferentes estafas que facendo uso de enxeñería social pretender enganar ás persoas destinatarias dos correos co obxectivo de obter o seu diñeiro. Trataríase dos clásicos timos levados ao mundo virtual, de xeito que fan uso da propia avaricia, altruísmo ou inxenuidade das persoas usuarias para que caian no engano.
Algúns exemplos:
• As mozas ou mozos rusas ou doutros países, que buscan contactar con persoas para establecer unha relación sentimental. A través de diferentes correos, redes sociais, chats ou apps de mensaxería ou contactos que buscan gañarse a confianza dos seus obxectivos, ata que lles explican a súa necesidade de saír do seu país de orixe ante malos tratos, falta de traballo, problemas sentimentais, ou calquera outra situación polo estilo, para o que precisan dunha determinada cantidade de diñeiro. Feita a transferencia, desaparecen ou piden unha cantidade maior. Tinder
• As cartas nixerianas. Neste caso son cartas escritas dende países como Nixeria (principalmente) ou outros países africanos, onde persoas de curiosamente grande poder adquisitivo ou propietarios de pedras preciosas teñen problemas para sacar as súas riquezas do país sen precisamente a axuda do destinatario do correo. Neste caso as sumas que se piden non acostuman a ser moi elevadas, sobre todo en comparación coas cantidades que recibiría o destinatario do correo como recompensa a continuación. Teoricamente o diñeiro se atopa bloqueado e só é posible desbloquealo pagando esa cantidade. Principais variantes tipo do timo “Estafa nixeriana”
• Ofertas de emprego falsas. Este tipo de estafa, por desgraza moi en auxe a raíz da crise económica, consiste en ofrecer postos de traballo, algúns deles de condicións moi boas incluso traballando dende casa facendo moi pouco, co único problema de que para acceder aos mesmos ou ter a posibilidade de realizar unha hipotética entrevista de traballo habería que depositar unha cantidade económica ou doutro xeito sería imposible optar a eles, por exemplo para pagar o desprazamento ou a xeito de fianza para demostrar a seriedade do candidato ao posto.
• Premios. Se informa ao destinatario que gañou un premio para o que nin sequera participou, unha grande sorte. Este tipo de correos poden representar dende sorteos a loterías, a partir de datos obtidos de por exemplo enquisas online, poden mesmo coincidir con algún dato real do usuario como estar en posesión dunha determinada marca de móbil ou vehículo. Para poder facerlle entrega do premio solicitaranlle os seus datos persoais e unha cantidade económica en concepto de gastos de transferencia ou o envío do cheque co premio.
¿Como actuar ante este tipo de ameazas?
O mellor é non responder nunca a estes correos e eliminalos marcándoos como spam, por suposto e ningún caso facilitar ningún tipo de información persoal e moito menos de tipo bancario.
aprende a identificar correos electrónicos maliciosos ¿qué é?
Glosario sobre seguridade - Panda Security.
Infografía "Flora e fauna dos virus informáticos"- Oficina de Seguridade do Internauta (OSI).
Revista online gratuíta de Seguridade e privacidade na rede, de Gabit.